Cea do Apóstolos de Cristo 2009

O xoves santo reunimonos os Apostolos de Cristo a capitulo para celebrar a Ultima Cea, na que como é tradición, devoramos un cordeiro pascual. Tamén como en anos anteriores o lugar foi a Cantina "O Galopín" de Lalín. Estabamos presentes:

Xesús (Pío)

Pedro. (Angelito Basterra)

Andrés. (K.G.)

Santiago o Maior. (Xabier Belho)

Xoán. (Vizoso)

Felipe. (Yañez)

Bartolomeu. (Pablo Tubas)

Tomás. (Armindo)

Mateu. (Joe)

Santiago o Menor. (Javi Cremades)

Xudas Tadeu. (Garabal)

Simón o Zelote. (Baudilio)

Xudas Iscariote. (Ramón Montilla)

O cordeiro foi criado nas verdes terras da Parroquia de Gresande, e asado en forno de leña como moi ben explica Montilla no seguinte audio



O viño escollido por Montilla para este ano foi un rioxa do 2001 que estaba bueno bueno..
O cordeiro estaba xusto no punto entre churruscadiño e xugoso.. ben polos do forno!


E de postres ¿que mellor que unhas rosquillas?

Aquí o video-resumo do evento con (como non) chiste de Joe incluido



E as fotos panoramicas da cea


Anexo.
Sempre antes da cea existe unha confusión xeral sobre quen son os 12 apóstolos, sinal de que non imos moito a misa, ou que se imos non prestamos atención, así que por aportar un pouco de claridade, vai se seguido un pequeno resumo desto de quen é quen no tema dos Apóstolos de Cristo. Os apóstolos orixinais, tal e como se conta na biblia, cumpren as tres características necesarias para ser chamado apóstolo:
* Coñecer a Xesús
* Ser escollidos e enviados por Xesús.
* Ser testigos de Xesús resucitado.
Di O Novo Testamento que, os doce apóstolos definitivos foron aqueles que non abandonaron a Xesús cando este díxolles que debían comer seu corpo y beber a súa sangue para alcanzar a vida eterna (Xoán 6:25-70), isto fixo que moitos dos seus discípulos marcharan quedando 12 que son os que foron a Última Cea. Estes foron, en orden de elección:
* Simón, alcumado Pedro.
* Andrés, irmán de Pedro.
* Xacob, Xacobo, Santiago o fillo de Zebedeo ou Santiago o Maior.
* Xoán, o menor dos doce, tamén fillo de Zebedeo (por tanto,irmán de Santiago o Maior).
* Felipe de Betsaida.
* Bartolomeu, chamado tamén Natanael de Caná.
* Tomás (chamado Dídimo o Mellizo).
* Mateu, o publicano (recadador de impostos para os invasores romanos).
* Santiago o Menor ou Santiago Alfeo.
* Xudas Tadeu.
* Simón o Cananeo, o Celador ou Zelote (guerrilleiro).
* Xudas Iscariote.
que xunto con Xesús, son os protagonistas a Última Cea.

Despois da resurrección e ascensión de Xesús e tras o suicidio de Xudas Iscariote, os once apóstolos restantes reuníronse e escolleron (por sorteo) a Matías para completar novamente o número de doce apóstolos enviados ás doce tribos de Israel.
No caso de Pablo de Tarso, que sempre hai a dubida de se era apóstolo ou non, dicir que si, pero non da Última Cea. No Novo Testamento e nos "Hechos", son chamados apóstolos outros persoaxes, especificamente: Pablo de Tarso y Bernabé. No caso de Pablo de Tarso, non esta claro se veu a Xesús dado que solo se di que escoitou a voz de Xesús e quedou cego, pero entendese que foi escollido persoalmente por Cristo resucitado, no camiño a Damasco. Posteriormente firma seus escritos como "Pablo, apóstolo dos xentiles" e é protagonista da meirande parte do libro dos "Feitos dos Apóstolos".

4 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

está moi ben este estudio concienzudo da vida apostolar, pero en venres santo estaba xesus cristo sen crucificar, xudas sen suicidar, pedro sen pena ningunha trala reiterada negación do maestro...esto non é serio. tiña razón onte xesús cando dictaminou "fe tedes pouca pero fame mecajoendios"

Paz Zeltia dijo...

A reseña dos apostolos está moi ben, para entender a formación da mesa, na última cea, que para vós de seguro non será a última. Parece unha idea caralluda.
Vin dar aquí buscando blogs da comarca do deza que falaran de comida (eu buscaba información sobre "a vincha" ou puding galego, que recordo que miña avoa a facía enchendo unha vexiga de porco reseca con pan leite ovos, pasas e non sei que mais.
Vou gardar a vosa pax. en favoritos para mirala con mais calma os tesouros que esconde!

Anónimo dijo...

Que viva a igualdade de xéneros!! buffff, cantas mulleres están ahí?? vaia vaia... esto si que é unha sociedade igualitaria... pero de cromañóns! je je.
(digo con cariño ehhhh, que ninguen se soliviante, por favor!)
Machi.