Cea do Apóstolos de Cristo 2009

O xoves santo reunimonos os Apostolos de Cristo a capitulo para celebrar a Ultima Cea, na que como é tradición, devoramos un cordeiro pascual. Tamén como en anos anteriores o lugar foi a Cantina "O Galopín" de Lalín. Estabamos presentes:

Xesús (Pío)

Pedro. (Angelito Basterra)

Andrés. (K.G.)

Santiago o Maior. (Xabier Belho)

Xoán. (Vizoso)

Felipe. (Yañez)

Bartolomeu. (Pablo Tubas)

Tomás. (Armindo)

Mateu. (Joe)

Santiago o Menor. (Javi Cremades)

Xudas Tadeu. (Garabal)

Simón o Zelote. (Baudilio)

Xudas Iscariote. (Ramón Montilla)

O cordeiro foi criado nas verdes terras da Parroquia de Gresande, e asado en forno de leña como moi ben explica Montilla no seguinte audio



O viño escollido por Montilla para este ano foi un rioxa do 2001 que estaba bueno bueno..
O cordeiro estaba xusto no punto entre churruscadiño e xugoso.. ben polos do forno!


E de postres ¿que mellor que unhas rosquillas?

Aquí o video-resumo do evento con (como non) chiste de Joe incluido



E as fotos panoramicas da cea


Anexo.
Sempre antes da cea existe unha confusión xeral sobre quen son os 12 apóstolos, sinal de que non imos moito a misa, ou que se imos non prestamos atención, así que por aportar un pouco de claridade, vai se seguido un pequeno resumo desto de quen é quen no tema dos Apóstolos de Cristo. Os apóstolos orixinais, tal e como se conta na biblia, cumpren as tres características necesarias para ser chamado apóstolo:
* Coñecer a Xesús
* Ser escollidos e enviados por Xesús.
* Ser testigos de Xesús resucitado.
Di O Novo Testamento que, os doce apóstolos definitivos foron aqueles que non abandonaron a Xesús cando este díxolles que debían comer seu corpo y beber a súa sangue para alcanzar a vida eterna (Xoán 6:25-70), isto fixo que moitos dos seus discípulos marcharan quedando 12 que son os que foron a Última Cea. Estes foron, en orden de elección:
* Simón, alcumado Pedro.
* Andrés, irmán de Pedro.
* Xacob, Xacobo, Santiago o fillo de Zebedeo ou Santiago o Maior.
* Xoán, o menor dos doce, tamén fillo de Zebedeo (por tanto,irmán de Santiago o Maior).
* Felipe de Betsaida.
* Bartolomeu, chamado tamén Natanael de Caná.
* Tomás (chamado Dídimo o Mellizo).
* Mateu, o publicano (recadador de impostos para os invasores romanos).
* Santiago o Menor ou Santiago Alfeo.
* Xudas Tadeu.
* Simón o Cananeo, o Celador ou Zelote (guerrilleiro).
* Xudas Iscariote.
que xunto con Xesús, son os protagonistas a Última Cea.

Despois da resurrección e ascensión de Xesús e tras o suicidio de Xudas Iscariote, os once apóstolos restantes reuníronse e escolleron (por sorteo) a Matías para completar novamente o número de doce apóstolos enviados ás doce tribos de Israel.
No caso de Pablo de Tarso, que sempre hai a dubida de se era apóstolo ou non, dicir que si, pero non da Última Cea. No Novo Testamento e nos "Hechos", son chamados apóstolos outros persoaxes, especificamente: Pablo de Tarso y Bernabé. No caso de Pablo de Tarso, non esta claro se veu a Xesús dado que solo se di que escoitou a voz de Xesús e quedou cego, pero entendese que foi escollido persoalmente por Cristo resucitado, no camiño a Damasco. Posteriormente firma seus escritos como "Pablo, apóstolo dos xentiles" e é protagonista da meirande parte do libro dos "Feitos dos Apóstolos".

Xantares do Deza en Zobra

O Domingo 25 de xaneiro reunímonos Xantares do Deza coa intención dunha nova cuchipanda, a primeira do ano. Orixinalmente, tíñamos pensado comer un cocido en Ventosa, na famosa Casa do Manco, para probar todos xuntos a súa recoñecida fama.

Pero nunha noite destas de amistade na Cantina "O Galopín", Chispón falando con Montilla, comentoulle que duas amigas, reporteiras da Televisión Española nun programa chamado "Report" (os xoves a unha dá maña) Cristina e Aida, viñan ao Deza a facer un traballo sobre O Lobo, e concretamente tiñan pensado visitar Zobra.

O plan de Chispón e Celso como anfitrións era o de levalas xunto con Miguel Agulló a ver zonas de paso de Lobo onde Miguel fixo estudos sobre a poblacion do lobo no Deza, e presentarlles a D. Samuel, un pastor de ovellas de Zobra para entrevistalo na súa granxa sobre as vivencias co lobo: por onde lle entraba ou lobo, como facia para que non lle comera as ovellas, etc... e pola tarde a parte antropoloxica: unha charla con xente de Zobra. Dna Amparo, Dna Hortensia, e D Samuel na cociña lembrarían contos e historias sobre a mitoloxia do lobo en Zobra, e a convivencia diaria da aldea con eles: cando ou lobo saialles ó camiño, as batidas etc..
Visto o visto, Montilla, amañou un cambio de pláns e decidíu organizar o cocido en Zobra para compartir este dia de camaradería con eles/as. Temos que decir que Montilla saltouse o escalafón xa que non comunicou ó noso presidente D. Pablo tubas este troco nos pláns, nin a presencia de xente allea a Xantares do Deza, pero D. Pablo na súa magnanimidade, decidíu perdoar e que isto non constara no seu expeciente, ainda que deu orde de non renunciar ó cocido en Ventosa. ¡ben falado!
Xa que a comida non era só de Xantares do Deza, apuntáronse outros amigos: Agustín e Susana, Xulio e Pili, Manolo e Maria, Cristina, Nanetta, que xunto con Celso, Miguel, Chispón, Marta, Aida e Cristina como "equipa antropolóxica" e Pablo, Joe, Vizoso, K.G. e Montilla como membros de Xantares do Deza, formamos o grupo de famentos dispostos a papar un abundante e saboroso cocido en Zobra... Botamos de menos a Angelito e a Cremades, liados noutros compromisos familiares.

A casa escollida para o cocido e a Casa de Rosita (creo que asi se chama) , pero que para moitos de nós, despois de bastantes juegas nela é simplemente a Taberna de Zobra, unha casa enxebre que fai de taberna, cun comedor pequeno ó fondo, e nel unha chiminea onde se esta moi quentiño, cousa que cumpria moito dado os chuzos e a neve que caia. Algúns de nós lembrábamos moi boas caralladas nesa taberna, e como non podia ser doutro xeito do noso amigo Luís Areán.
O Cocido, como xa dixen, foi abundante e saboroso, os grelos e a verdura moi abundantes (non hai cousa peor cun cocido con pouco verde e moita carne); os garavanzos e as fabas novas no seu punto; a orella, costela, lingua, galiña, e vaca moi ben, ou lacón un chisco seco e os chourizos pequenos, pero como sabiamente dixo Joe duas horas despois do xantar "os chourizos eran bos que non estou lembrandome deles toda a tarde".. o viño tinto de pipo (non nos trouxeron gaseosa porque segundo a señora iso é estragar o viño) as filloas no seu punto, o queixo moi moi bon, o pan tamén, e dá mel de zobra para que falar. Cafe de pota rico rico, servizo bo e agradable, e o prezo final de 22 euros por cabeza moi axeitado.Reseña especial para o fantástico Licor cafe, o excelente licor de herbas e para unha caña branca que desinfectaba as amigdalas.

E como non, unha pequena reportaxe en vídeo do evento




Para rematar o post, van duas cousas:

Na taberna tiñan uns posters sobre unhas rutas por Zobra e polo Deza realizadas no proxecto sobre o Museo da paisaxe do Concello de Lalín. Rutas moi interesantes e verdadeiramente bonitas. ¿Non deberían estar estas rutas colgadas na, pouco menos que inutil, web www.lalin.org no apartado de turismo?
e xa como final: Zobra o paraiso perdido, cronica en "La Voz de Galicia" e unha galería de imaxes na mesma web.

o Cadramón, Rinlo, Ribadeo, Tapia, Vegadeo e Piantón

O 25 sábado e 26 domingo de Octubre, Xantares do Deza andivo pola mariña lucense nunha fin de semán de camaradería gastronómica. A esta xuntanza faltou Montilla (que estaba participando nunha cata nunhas bodegas da Rioxa).
O plan foi o segínte:

1. Reunión en Abadín para cruzar cara a costa polo Cadramón.

O Cadramón é unha parte da Serra do Xistral e unha das zonas da Galiza que menos sol recibe pola neboa do Golfo da Masma. Esta néboa e a alta pluviosidade fai que as turbeiras sexan moi abundantes e seu pasto serve de alimento a cabalos e vacas que pastan en libertade pola Serra. Paramos para dar un paseiño polo alto nunha zona de Turbeiras e Cremades ensinounos varias especies endémicas como o buño, a Drossera intermedia, e varias especies de esfagno. As frases "augas oligotróficas" "lagoas eutróficas" e "Charcas distróficas" ainda resoan na cachola de Joe. Como xa apremiaba o tempo e a fame, deixamos a botánica e seguimos coa seguínte fase do plan.

2. Chegar a Rinlo.

onde comeriamos no restaurante da cofradia de Rinlo un arroz caldoso de mariscos, especialidae da casa (ningúen quixo consultar a carta).


O arroz, ainda que rico, pareceunos un chisco escaso desta vez (Joe comería duas fontes como a que nos puxeron).


Moi pouco despois a cousa xa era así

cumpria entón un dixestivo paseo pola costa de Rinlo. Para os que non coñezades Rinlo, podedes ver outra colección de fotografias aqui.

E de seguído a reportaxe en video desta primeira etapa da viaxe.


3. Coller Habitacións en Ribadeo, subir o mirador de Santa Cruz, ir as Catedrais, tomar os viños, cear no Restaurante San Miguel, no porto de Ribadéo e durmir.



O hotel escollido por Pablo, brillante organizador das xornadas foi o Hotel Bouza, no centro de ribadeo, con moi bos servizos e bo prezo. Unha vez deixado a Joe para que botara unha siesta, diriximonos ó mirador de Santa Cruz, onde pódese ver unha perspectiva de gran parte da Ría de Ribadeo, un monumento ó Gaiteiro, varias cruces, árbores plantadas sen xeito, unha colección de parrillas para churrasco de variado diseño e outras curiosidades da arquitectura do pais.




O video deste paseo aquí:

A seguínte etapa foi a visita obrigada a Praia das Catedrais, que ainda que a marea non estaba moi baixa, deunos para un pequeno paseo. Poñemos aqúi esta turistica foto típica da praia.

E o video


Rematado xa o itinerario turistico, voltamos a Ribadeo e recollimos a Joe para empezar os viños previos a cea.



O Restaurante San Miguel, ainda que ten fama de ter moi boas carnes, tamen ten unha moi boa carta de peixes, que foi o maioritariamente escollido para cear. Aquí van algunhas das eleccións:

Sargo a espalda de Kg

Mero de Cremades

Sargo a plancha de Anxel

Fabes con ameixas de Joe

o viño escollido tras grandes deliberacións foi


E algúns remataron con un dixestivo sorbete de limón

4. Almorzo e ir a tomar o Vermú a Tapia de Casariego, tomar un segundo vermú en Vegadeo, e xantar en Casa Jano en Piantón
, no que según o noso presidente Pablo tubas "se come un solomillo de boi de muerte!".

paseo por Tapia








vermú en Vegadeo e xantar en Piantón


Para empezar uns entrantes

Despois o importante

O sabor pódese extrapolar da cara de Alngelito

despos de varias fontes, chegamos ós postres

este sorbete era o de Pablo, con boa pinta!.. é perigoso sair a fumar un pitillo e deixalo só na mesa

Sobremesa e cafés

e a conta!

Encontros Históricos de Donramiro

O domingo 17 de agosto celebrouse novamente unha nova edición dos Reencontros Históricos con nova batalla na Crespa e na Ponte da Tosta entre romanos e bárbaros e, claro esta, con posterior papatoria.
Esta festa, artellada pola Asociación de Veciños San Amaro e ideada por Carlos García Vázquez (para nós DON Carlos da Costa), vai pouco a pouco adiante e seguramente converterase nunha referencia como festa participativa a pouco que a xente (e o concello) se implique nela.Don Carlos da Costa "Marco Aurelio"
Os promotores pretenden revivir as batallas que facían eles cando eran nenos, e convidan a todo a mundo a sumarse a festa e pasar un día de lecer nas carballeiras de Donramiro. So nos queda facernos unha pregunta: despois do ridículo conceptual e histórico que fixo o Concello de Lalín co invento fracasado da Festa Goda, ¿Por qué non se apoia e mima mais a uns veciños que so queren facer unha festa de verán, en carballeira e aberta a todos? ¿non era o que pretendían os “historiadores” da Festa Goda?

O Bar Polo

Xantares de Deza ten como preferencias aqueles sitios nos que se oferta boa cociña caseira e que entenden a hostelería de xeito honrado mantendo o bo nome da gastronomía do Deza e da cociña ben feita. Esta claro que estamonos a referir ó Bar Polo, dende fai moitos anos, un clasico dos viños en lalín.
Fai xa varios anos, O Polo pasou por unha profunda reforma, cambiando totalmente a decoración e o mobiliario, pero sen perder ningunha das cualidades que fixeron del unha casa de comidas e de viños importante en Lalín
O Bar Polo é un dos restaurantes de cociña popular tradicional de elección cando se trata de escoller un menú do dia, de ir xantar un día de feira, ou cando se trata de encargar unha pequena cea para un grupo de amigos non moi elevado con unha magnífica relación calidad/precio e en moitas ocasións con sorpresas moi agradables. O mérito está nos ingredentes e na boa man en darlles o punto.
O trato é sempre agradable e familiar, o licor café caseiro é excepcional, o viño tinto do ribeiro (de pipo) é económico e de moi boa calidade, sendo un dos poucos sitios en Lalín onde podes todavía tomar unha tazas, e a tapa de empanadillas caseiras esta güena güena.

E quedanos por poñer un video sobre a arte de trinchar un dos polos, menu estrella das nosas lembranzas infantís, cando os domingos en Lalín mercábase (e mércase) o xantar no Polo...



imaxe arrepiante

O que vedes ocurriu o dia da final da eurocopa, e non vale o eximente levar enriba varios viños nin estar nun clima de "exaltación da amistade". Na vindeira Xuntanza de Xantares do Deza (aparte de debatir sobre a incorporación de novos membros) teremos que tomar unha decisión e discutir se un membro debe gardar a debida compostura diante do público en xeral...

Ensaio para o gran día



Sabedora de que vai entrar nunha Sociedade inzada de voraces carnívoros, Beatriz empezou a facer practicas do que, sen dubida e a tenor dos resultados obtidos neste primeiro experimento, será o menú que vai a preparar para entrar en “Xantares do Deza”.
O experimento non foi outro que un cochinillo (5 quilos e medio) encargado no matadoiro de Agruchave, e preparado no forno da Panadería “Manolo da Morena”. A preparación foi moi sinxela: sal, allo, tomillo, auga, un chorriño de xerez, uns pementos roxos deitados polo medio e tres horas e media de forno.. Recollemos neste documento gráfico a pinta que tiña o animaliño as 2.30 horas de forno (cando se lle deu a volta) e ó remate…
Tamén esta decidido o viño para acompañalo: Viña Herminia Excelsior. O postre, seguramente será un tiramisú (especialidade de Bea)
Se alguén ten algo que obxectar, que o diga….

Cena dos Apostoles xoves santo 2008


Como marca a tradición, os devotos da Santa Orden dos Apostoles de Cristo, reunímonos o Xoves de pascua na Cantina “O Galopín” para rememorar a derradeira Cea do noso señor jesucristo e darlle moitos ánimos para sobrelevar a crucifixión do venres. De esquerda a dereita están: Andrés, Bartolomé, Santiago o menor, Xudas Iscariote, Tomás, Xoan, Pedro, Xesús; Santiago o maior, Filipe; Mateu, Xudas Tadeu e Simón o zelote. O Cordeiro Pascual nin que dicir ten que estaba no seu punto xusto..

chiste convencion rubias por Joe

Aqui tedes un dos moitos chistes que contou Joe na "Cea dos Apostoles" no xoves santo do 2007

O noso Presidente: Pablo Tubas

¿Que méritos concorren en Pablo Tubas para ser presidente de Xantares do Deza? Sinxelo: para iso temos que contar a xénese da asociación que non foi outra que unha viaxe lúdico-gastronómica co seguinte percorrido e menú: saída de Lalín as 7 da maña (Pablo veu en directo e con medio melopea) almorzo en Urueña, Xantar en Arévalo (chuletón de boi) cañas e cea en Segovia (cochinillo en El Duque), copas, durmida, almorzo, xantar en Castrillo de los Polvazares (Cocido Maragato completo) e chegada a Lalín.. non contento con dous días de cuchipandas aínda tivo arrestos de ir cear cos da Banda de Música un chuletón.. despois destes méritos foi nomeado presidente por aclamación

novo socio: Javier Cremades

O noso último asociado é Javier Cremades, respectado ficólogo e profesor da universidade de A Coruña. Cumprindo todas as condicións previas para ingresar, acolleuse a modalidade de "facer cuchipanda" e nos deleitou en casa de Joe en Miño cun menú a base de: anemonas de mar fritidas, ensalada de algas frescas e revolto de orizos de mar. Nin que dicir ten que foi aceptado sen nenguhna duda.
Nesta mesma xornada demos conta dun cochinillo habilmente preparado por Joe no seu novo forno de xardín (deseñado e construído por el, que aínda esteticamente un pouco chafalleiro, na práctica demostrou grandes cualidades), e un viño traido por Montilla que cumpriu con creces.
E como non só é comer, a tarde consistíu nun paseo polos arredores con visita ó Muiño de Vento da parroquia e un cafeciño na taberna local. Ben por Joe e ben por Cremades.
Como nota para os malpensados, o que esta cociñando Javier non é o animaliño da foto anterior.....

¿como facerse socio?

Xantares do Deza esixe como requisitos indispensables para formar parte da sociedade ser unha persoa aberta, boa conversadora, amigo/a da carallada e do pracer dunha boa compañía nunha boa mesa. Cumprido esto, tes tres modalidades de ingreso:

a) Pagar unha cota de inscrición de 2.427 € (aceptamos pago aplazado ou financiacíon).
b) Convidar a toda a asociación a unha cuchipanda feita polo/a aspirante/a (non vale encargala)
c) Sobornar ou "condicionar" habilmente a un número de socios suficiente (si eres de Lalín xa sabes como funcionan estes métodos).