Cena dos Apostoles xoves santo 2008


Como marca a tradición, os devotos da Santa Orden dos Apostoles de Cristo, reunímonos o Xoves de pascua na Cantina “O Galopín” para rememorar a derradeira Cea do noso señor jesucristo e darlle moitos ánimos para sobrelevar a crucifixión do venres. De esquerda a dereita están: Andrés, Bartolomé, Santiago o menor, Xudas Iscariote, Tomás, Xoan, Pedro, Xesús; Santiago o maior, Filipe; Mateu, Xudas Tadeu e Simón o zelote. O Cordeiro Pascual nin que dicir ten que estaba no seu punto xusto..

chiste convencion rubias por Joe

Aqui tedes un dos moitos chistes que contou Joe na "Cea dos Apostoles" no xoves santo do 2007

O noso Presidente: Pablo Tubas

¿Que méritos concorren en Pablo Tubas para ser presidente de Xantares do Deza? Sinxelo: para iso temos que contar a xénese da asociación que non foi outra que unha viaxe lúdico-gastronómica co seguinte percorrido e menú: saída de Lalín as 7 da maña (Pablo veu en directo e con medio melopea) almorzo en Urueña, Xantar en Arévalo (chuletón de boi) cañas e cea en Segovia (cochinillo en El Duque), copas, durmida, almorzo, xantar en Castrillo de los Polvazares (Cocido Maragato completo) e chegada a Lalín.. non contento con dous días de cuchipandas aínda tivo arrestos de ir cear cos da Banda de Música un chuletón.. despois destes méritos foi nomeado presidente por aclamación

novo socio: Javier Cremades

O noso último asociado é Javier Cremades, respectado ficólogo e profesor da universidade de A Coruña. Cumprindo todas as condicións previas para ingresar, acolleuse a modalidade de "facer cuchipanda" e nos deleitou en casa de Joe en Miño cun menú a base de: anemonas de mar fritidas, ensalada de algas frescas e revolto de orizos de mar. Nin que dicir ten que foi aceptado sen nenguhna duda.
Nesta mesma xornada demos conta dun cochinillo habilmente preparado por Joe no seu novo forno de xardín (deseñado e construído por el, que aínda esteticamente un pouco chafalleiro, na práctica demostrou grandes cualidades), e un viño traido por Montilla que cumpriu con creces.
E como non só é comer, a tarde consistíu nun paseo polos arredores con visita ó Muiño de Vento da parroquia e un cafeciño na taberna local. Ben por Joe e ben por Cremades.
Como nota para os malpensados, o que esta cociñando Javier non é o animaliño da foto anterior.....

¿como facerse socio?

Xantares do Deza esixe como requisitos indispensables para formar parte da sociedade ser unha persoa aberta, boa conversadora, amigo/a da carallada e do pracer dunha boa compañía nunha boa mesa. Cumprido esto, tes tres modalidades de ingreso:

a) Pagar unha cota de inscrición de 2.427 € (aceptamos pago aplazado, financiacíon ou tarxeta de compra de El Corte Inglés).
b) Convidar a toda a asociación a unha cuchipanda feita polo/a aspirante/a (non vale encargala)
c) Sobornar ou "condicionar" habilmente a un número de socios suficiente (si eres de Lalín xa sabes como funcionan istes métodos).