Encontros Históricos de Donramiro

O domingo 17 de agosto celebrouse novamente unha nova edición dos Reencontros Históricos con nova batalla na Crespa e na Ponte da Tosta entre romanos e bárbaros e, claro esta, con posterior papatoria.
Esta festa, artellada pola Asociación de Veciños San Amaro e ideada por Carlos García Vázquez (para nós DON Carlos da Costa), vai pouco a pouco adiante e seguramente converterase nunha referencia como festa participativa a pouco que a xente (e o concello) se implique nela.Don Carlos da Costa "Marco Aurelio"
Os promotores pretenden revivir as batallas que facían eles cando eran nenos, e convidan a todo a mundo a sumarse a festa e pasar un día de lecer nas carballeiras de Donramiro. So nos queda facernos unha pregunta: despois do ridículo conceptual e histórico que fixo o Concello de Lalín co invento fracasado da Festa Goda, ¿Por qué non se apoia e mima mais a uns veciños que so queren facer unha festa de verán, en carballeira e aberta a todos? ¿non era o que pretendían os “historiadores” da Festa Goda?

O Bar Polo

Xantares de Deza ten como preferencias aqueles sitios nos que se oferta boa cociña caseira e que entenden a hostelería de xeito honrado mantendo o bo nome da gastronomía do Deza e da cociña ben feita. Esta claro que estamonos a referir ó Bar Polo, dende fai moitos anos, un clasico dos viños en lalín.
Fai xa varios anos, O Polo pasou por unha profunda reforma, cambiando totalmente a decoración e o mobiliario, pero sen perder ningunha das cualidades que fixeron del unha casa de comidas e de viños importante en Lalín
O Bar Polo é un dos restaurantes de cociña popular tradicional de elección cando se trata de escoller un menú do dia, de ir xantar un día de feira, ou cando se trata de encargar unha pequena cea para un grupo de amigos non moi elevado con unha magnífica relación calidad/precio e en moitas ocasións con sorpresas moi agradables. O mérito está nos ingredentes e na boa man en darlles o punto.
O trato é sempre agradable e familiar, o licor café caseiro é excepcional, o viño tinto do ribeiro (de pipo) é económico e de moi boa calidade, sendo un dos poucos sitios en Lalín onde podes todavía tomar unha tazas, e a tapa de empanadillas caseiras esta güena güena.

E quedanos por poñer un video sobre a arte de trinchar un dos polos, menu estrella das nosas lembranzas infantís, cando os domingos en Lalín mercábase (e mércase) o xantar no Polo...



imaxe arrepiante

O que vedes ocurriu o dia da final da eurocopa, e non vale o eximente levar enriba varios viños nin estar nun clima de "exaltación da amistade". Na vindeira Xuntanza de Xantares do Deza (aparte de debatir sobre a incorporación de novos membros) teremos que tomar unha decisión e discutir se un membro debe gardar a debida compostura diante do público en xeral...