OS CATATÓLICOS

"Produccións Galopín" mais Xantares do Deza comezaron o pasado día 3 o seu novo proxecto, sempre en pós de artellar excusas para celebrar boas cuchipandas. Esta ocurrencia non é outra que celebrar catas de viño "a lo loco", é dicir: CATAS TOLAS. A idea que nos guía é a de rachar con todos os convencionalismos, regras establecidas e rituais caducos que en moitas ocasións van asociados á inxesta de tan amado brebaxe. Queremos ser os "dadasumilleres" do século XXI. Nada de manuais, de conceptos previos, de adxetivos rillados e cansinos. En fin o que todos facemos cando tomamos unhas copas de viño: decir o que se nos ocorra coas nosas verbas, expresións guturais, xestos, debuxos... en fin unha tolemia. Acaban de nacer OS CATATÓLICOS!! Aleluia.

Os resultados desta experiencia poderédelos seguir neste blog e tamén en cantinagalopin.blogspot.com. Se vos animades a participar poñédevos en contacto con nós ben no Galopín ven a través do noso correo xantaresdodeza@gmail.com




DATA 9-03-2010

SUXEITOS CATADORES
M.L.C. Monsieur Le Carrasqués. (K.G.)
V.V. Von Vizosin (Vizoso,claro)
A.B. Angiolino Basterrini "Il Ripunanti" (Anxo Basterra)
G.R. Gogol Ramonov (Monti grande)

SUXEITO CATADO
ZUAZO GASTÓN CRIANZA 2006 MAGNUM. D.O. RIOJA

LUGAR DOS FEITOS
A de Luis... como non podía ser menos.

FICHA DE CATA
( esta é a nosa ficha de cata oficial)

FASE PREVIA

A.B.: "A botella non é de cristal, que é de vidrio"
Apúntase como suxerencia de V.V.que "o envase debería ser o "PIPO-ZUAZO", porque o viño é escaso",matizando despois: "...como gama baixa".


1ª FASE (ESTÉTICA)

Tódolos membros do xurado de cata,concordan na máxima puntuación, salvo G.R., que marca a casilla "DESTASTEÑOABONDO"

COMENTARIOS

A.B.: "Gardamabotellapafacerunhalampara""
M.L.C.: "Afina en sol"

2ªFASE (VISUAL)

Unanimidade: Máxima nota

COMENTARIOS

A.B.: "Copa chupiguai"
M.L.C.e G.R.: "Non é barrantes", tras apreciar as evidencias en mantel e beizos.
V.V.: "Ten bichos...se o miras ao través e tés enfrente a Anxo, perdón, a Angiolino.

3ª FASE (OLFATIVA)

Máxima nota excepto para A.B., que marca a casilla "ESTOUATASCADO". (refuxio de cobardes)

COMENTARIOS
M.L.C.: "Arrecende a Flowers!"
V.V.: "Gloria bendita!"

4ª FASE (GUSTATIVA)
Máxima nota.

COMENTARIOS
A.B.:"Moi ben...agardando a evolución tanto en copa como en botella."
V.V.:"Tamén hai que ter en conta a evolución do suxeito catador"
G.R.:"Hai que ser cautos e non acabar confundindo o suxeito catador co suxeito catado"
M.L.C."Este vino está rico...!no me va a sentar mal!

VALORACIÓN XERAL
84...,Tranquilamente.

COMENTARIOS
A.B.:"Estamos ahí...sobindo"."Maridaxe perfecto que nos leva a unha nova categoría: O CHURRASCO-GASTÓN!!"
A.B.,G.R.e V.V.:" O viño debe ser bó, que K.G. (M.L.C.) non pedíu coca cola nin licor café.¿obraría un miragre a paternidade?¡un hurra por Andresito!

APUNTES PARA UN NOVO DICCIONARIO DE CATA
GURRUCHO.-Díse do momento no que o viño vaise rematando, xa queda menos e tristemente todos miramos a botella pensando "queda un gurrucho" e preguntamos "¿alguén quere?" pero aferrándonos á botella.

Nota: se existise o PIPO-ZUAZO non teríamos este problema.

Nesta 1ª cata tola só chegaron á fase Gintonic V.V. e G.R. É de destacar que G.R. marchou para casa con hipo. "Pola risa..."dixo.

Ata a vindeira cata!

No hay comentarios: