o Cadramón, Rinlo, Ribadeo, Tapia, Vegadeo e Piantón

O 25 sábado e 26 domingo de Octubre, Xantares do Deza andivo pola mariña lucense nunha fin de semán de camaradería gastronómica. A esta xuntanza faltou Montilla (que estaba participando nunha cata nunhas bodegas da Rioxa). O plan foi o segínte:
1. Reunión en Abadín para cruzar cara a costa polo Cadramón.

O Cadramón é unha parte da Serra do Xistral e unha das zonas da Galiza que menos sol recibe pola neboa do Golfo da Masma. Esta néboa e a alta pluviosidade fai que as turbeiras sexan moi abundantes e seu pasto serve de alimento a cabalos e vacas que pastan en libertade pola Serra. Paramos para dar un paseiño polo alto nunha zona de Turbeiras e Cremades ensinounos varias especies endémicas como o buño, a Drossera intermedia, e varias especies de esfagno. As frases "augas oligotróficas" "lagoas eutróficas" e "Charcas distróficas" ainda resoan na cachola de Joe. Como xa apremiaba o tempo e a fame, deixamos a botánica e seguimos coa seguínte fase do plan. 2. Chegar a Rinlo.

onde comeriamos no restaurante da cofradia de Rinlo un arroz caldoso de mariscos, especialidae da casa (ningúen quixo consultar a carta).

O arroz, ainda que rico, pareceunos un chisco escaso desta vez (Joe comería duas fontes como a que nos puxeron).

Moi pouco despois a cousa xa era así cumpria entón un dixestivo paseo pola costa de Rinlo. Para os que non coñezades Rinlo, podedes ver outra colección de fotografias aqui.

E de seguído a reportaxe en video desta primeira etapa da viaxe. 3. Coller Habitacións en Ribadeo, subir o mirador de Santa Cruz, ir as Catedrais, tomar os viños, cear no Restaurante San Miguel, no porto de Ribadéo e durmir.

O hotel escollido por Pablo, brillante organizador das xornadas foi o Hotel Bouza, no centro de ribadeo, con moi bos servizos e bo prezo. Unha vez deixado a Joe para que botara unha siesta, diriximonos ó mirador de Santa Cruz, onde pódese ver unha perspectiva de gran parte da Ría de Ribadeo, un monumento ó Gaiteiro, varias cruces, árbores plantadas sen xeito, unha colección de parrillas para churrasco de variado diseño e outras curiosidades da arquitectura do pais.

O video deste paseo aquí:

A seguínte etapa foi a visita obrigada a Praia das Catedrais, que ainda que a marea non estaba moi baixa, deunos para un pequeno paseo. Poñemos aqúi esta turistica foto típica da praia.

E o video

Rematado xa o itinerario turistico, voltamos a Ribadeo e recollimos a Joe para empezar os viños previos a cea.

O Restaurante San Miguel, ainda que ten fama de ter moi boas carnes, tamen ten unha moi boa carta de peixes, que foi o maioritariamente escollido para cear. Aquí van algunhas das eleccións:

Sargo a espalda de Kg Mero de Cremades Sargo a plancha de Anxel Fabes con ameixas de Joe o viño escollido tras grandes deliberacións foi

E algúns remataron con un dixestivo sorbete de limón 4. Almorzo e ir a tomar o Vermú a Tapia de Casariego, tomar un segundo vermú en Vegadeo, e xantar en Casa Jano en Piantón, no que según o noso presidente Pablo tubas "se come un solomillo de boi de muerte!". paseo por Tapia vermú en Vegadeo e xantar en Piantón

Para empezar uns entrantes Despois o importante O sabor pódese extrapolar da cara de Alngelito despos de varias fontes, chegamos ós postres este sorbete era o de Pablo, con boa pinta!.. é perigoso sair a fumar un pitillo e deixalo só na mesa Sobremesa e cafés e a conta!