Xantares do Deza en Zobra

O Domingo 25 de xaneiro reunímonos Xantares do Deza coa intención dunha nova cuchipanda, a primeira do ano. Orixinalmente, tíñamos pensado comer un cocido en Ventosa, na famosa Casa do Manco, para probar todos xuntos a súa recoñecida fama.

Pero nunha noite destas de amistade na Cantina "O Galopín", Chispón falando con Montilla, comentoulle que duas amigas, reporteiras da Televisión Española nun programa chamado "Report" (os xoves a unha dá maña) Cristina e Aida, viñan ao Deza a facer un traballo sobre O Lobo, e concretamente tiñan pensado visitar Zobra.

O plan de Chispón e Celso como anfitrións era o de levalas xunto con Miguel Agulló a ver zonas de paso de Lobo onde Miguel fixo estudos sobre a poblacion do lobo no Deza, e presentarlles a D. Samuel, un pastor de ovellas de Zobra para entrevistalo na súa granxa sobre as vivencias co lobo: por onde lle entraba ou lobo, como facia para que non lle comera as ovellas, etc... e pola tarde a parte antropoloxica: unha charla con xente de Zobra. Dna Amparo, Dna Hortensia, e D Samuel na cociña lembrarían contos e historias sobre a mitoloxia do lobo en Zobra, e a convivencia diaria da aldea con eles: cando ou lobo saialles ó camiño, as batidas etc..
Visto o visto, Montilla, amañou un cambio de pláns e decidíu organizar o cocido en Zobra para compartir este dia de camaradería con eles/as. Temos que decir que Montilla saltouse o escalafón xa que non comunicou ó noso presidente D. Pablo tubas este troco nos pláns, nin a presencia de xente allea a Xantares do Deza, pero D. Pablo na súa magnanimidade, decidíu perdoar e que isto non constara no seu expeciente, ainda que deu orde de non renunciar ó cocido en Ventosa. ¡ben falado!
Xa que a comida non era só de Xantares do Deza, apuntáronse outros amigos: Agustín e Susana, Xulio e Pili, Manolo e Maria, Cristina, Nanetta, que xunto con Celso, Miguel, Chispón, Marta, Aida e Cristina como "equipa antropolóxica" e Pablo, Joe, Vizoso, K.G. e Montilla como membros de Xantares do Deza, formamos o grupo de famentos dispostos a papar un abundante e saboroso cocido en Zobra... Botamos de menos a Angelito e a Cremades, liados noutros compromisos familiares.

A casa escollida para o cocido e a Casa de Rosita (creo que asi se chama) , pero que para moitos de nós, despois de bastantes juegas nela é simplemente a Taberna de Zobra, unha casa enxebre que fai de taberna, cun comedor pequeno ó fondo, e nel unha chiminea onde se esta moi quentiño, cousa que cumpria moito dado os chuzos e a neve que caia. Algúns de nós lembrábamos moi boas caralladas nesa taberna, e como non podia ser doutro xeito do noso amigo Luís Areán.
O Cocido, como xa dixen, foi abundante e saboroso, os grelos e a verdura moi abundantes (non hai cousa peor cun cocido con pouco verde e moita carne); os garavanzos e as fabas novas no seu punto; a orella, costela, lingua, galiña, e vaca moi ben, ou lacón un chisco seco e os chourizos pequenos, pero como sabiamente dixo Joe duas horas despois do xantar "os chourizos eran bos que non estou lembrandome deles toda a tarde".. o viño tinto de pipo (non nos trouxeron gaseosa porque segundo a señora iso é estragar o viño) as filloas no seu punto, o queixo moi moi bon, o pan tamén, e dá mel de zobra para que falar. Cafe de pota rico rico, servizo bo e agradable, e o prezo final de 22 euros por cabeza moi axeitado.Reseña especial para o fantástico Licor cafe, o excelente licor de herbas e para unha caña branca que desinfectaba as amigdalas.

E como non, unha pequena reportaxe en vídeo do evento




Para rematar o post, van duas cousas:

Na taberna tiñan uns posters sobre unhas rutas por Zobra e polo Deza realizadas no proxecto sobre o Museo da paisaxe do Concello de Lalín. Rutas moi interesantes e verdadeiramente bonitas. ¿Non deberían estar estas rutas colgadas na, pouco menos que inutil, web www.lalin.org no apartado de turismo?
e xa como final: Zobra o paraiso perdido, cronica en "La Voz de Galicia" e unha galería de imaxes na mesma web.