O Domingo 25 de xaneiro reunímonos Xantares do Deza coa intención dunha nova cuchipanda, a primeira do ano. Orixinalmente, tíñamos pensado comer un cocido en Ventosa, na famosa Casa do Manco, para probar todos xuntos a súa recoñecida fama.


O plan de Chispón e Celso como anfitrións era o de levalas xunto con Miguel Agulló a ver zonas de paso de Lobo onde Miguel fixo estudos sobre a poblacion do lobo no Deza, e presentarlles a D. Samuel, un pastor de ovellas de Zobra para entrevistalo na súa granxa sobre as vivencias co lobo: por onde lle entraba ou lobo, como facia para que non lle comera as ovellas, etc... e pola tarde a parte antropoloxica: unha charla con xente de Zobra. Dna Amparo, Dna Hortensia, e D Samuel na cociña lembrarían contos e historias sobre a mitoloxia do lobo en Zobra, e a convivencia diaria da aldea con eles: cando ou lobo saialles ó camiño, as batidas etc..

Visto o visto, Montilla, amañou un cambio de pláns e decidíu organizar o cocido en Zobra para compartir este dia de camaradería con eles/as. Temos que decir que Montilla saltouse o escalafón xa que non comunicou ó noso presidente D. Pablo tubas este troco nos pláns, nin a presencia de xente allea a Xantares do Deza, pero D. Pablo na súa magnanimidade, decidíu perdoar e que isto non constara no seu expeciente, ainda que deu orde de non renunciar ó cocido en Ventosa. ¡ben falado!
Xa que a comida non era só de Xantares do Deza, apuntáronse outros amigos: Agustín e Susana, Xulio e Pili, Manolo e Maria, Cristina, Nanetta, que xunto con Celso, Miguel, Chispón, Marta, Aida e Cristina como "equipa antropolóxica" e Pablo, Joe, Vizoso, K.G. e Montilla como membros de Xantares do Deza, formamos o grupo de famentos dispostos a papar un abundante e saboroso cocido en Zobra... Botamos de menos a Angelito e a Cremades, liados noutros compromisos familiares.

A casa escollida para o cocido e a Casa de Rosita (creo que asi se chama) , pero que para moitos de nós, despois de bastantes juegas nela é simplemente a Taberna de Zobra, unha casa enxebre que fai de taberna, cun comedor pequeno ó fondo, e nel unha chiminea onde se esta moi quentiño, cousa que cumpria moito dado os chuzos e a neve que caia. Algúns de nós lembrábamos moi boas caralladas nesa taberna, e como non podia ser doutro xeito do noso amigo Luís Areán.
O Cocido, como xa dixen, foi abundante e saboroso, os grelos e a verdura moi abundantes (non hai cousa peor cun cocido con pouco verde e moita carne); os garavanzos e as fabas novas no seu punto; a orella, costela, lingua, galiña, e vaca moi ben, ou lacón un chisco seco e os chourizos pequenos, pero como sabiamente dixo Joe duas horas despois do xantar "os chourizos eran bos que non estou lembrandome deles toda a tarde".. o viño tinto de pipo (non nos trouxeron gaseosa porque segundo a señora iso é estragar o viño) as filloas no seu punto, o queixo moi moi bon, o pan tamén, e dá mel de zobra para que falar. Cafe de pota rico rico, servizo bo e agradable, e o prezo final de 22 euros por cabeza moi axeitado.
Reseña especial para o fantástico Licor cafe, o excelente licor de herbas e para unha caña branca que desinfectaba as amigdalas.
E como non, unha pequena reportaxe en vídeo do evento


E como non, unha pequena reportaxe en vídeo do evento
Para rematar o post, van duas cousas:
Na taberna tiñan uns posters sobre unhas rutas por Zobra e polo Deza realizadas no proxecto sobre o Museo da paisaxe do Concello de Lalín. Rutas moi interesantes e verdadeiramente bonitas. ¿Non deberían estar estas rutas colgadas na, pouco menos que inutil, web www.lalin.org no apartado de turismo?
e xa como final: Zobra o paraiso perdido, cronica en "La Voz de Galicia" e unha galería de imaxes na mesma web.

No hay comentarios:
Publicar un comentario