O Bar Polo

Xantares de Deza ten como preferencias aqueles sitios nos que se oferta boa cociña caseira e que entenden a hostelería de xeito honrado mantendo o bo nome da gastronomía do Deza e da cociña ben feita. Esta claro que estamonos a referir ó Bar Polo, dende fai moitos anos, un clasico dos viños en lalín.
Fai xa varios anos, O Polo pasou por unha profunda reforma, cambiando totalmente a decoración e o mobiliario, pero sen perder ningunha das cualidades que fixeron del unha casa de comidas e de viños importante en Lalín
O Bar Polo é un dos restaurantes de cociña popular tradicional de elección cando se trata de escoller un menú do dia, de ir xantar un día de feira, ou cando se trata de encargar unha pequena cea para un grupo de amigos non moi elevado con unha magnífica relación calidad/precio e en moitas ocasións con sorpresas moi agradables. O mérito está nos ingredentes e na boa man en darlles o punto.
O trato é sempre agradable e familiar, o licor café caseiro é excepcional, o viño tinto do ribeiro (de pipo) é económico e de moi boa calidade, sendo un dos poucos sitios en Lalín onde podes todavía tomar unha tazas, e a tapa de empanadillas caseiras esta güena güena.

E quedanos por poñer un video sobre a arte de trinchar un dos polos, menu estrella das nosas lembranzas infantís, cando os domingos en Lalín mercábase (e mércase) o xantar no Polo...



No hay comentarios: