O noso último asociado é Javier Cremades, respectado ficólogo e profesor da universidade de A Coruña. Cumprindo todas as condicións previas para ingresar, acolleuse a modalidade de "facer cuchipanda" e nos deleitou en casa de Joe en Miño cun menú a base de: anemonas de mar fritidas, ensalada de algas frescas e revolto de orizos de mar. Nin que dicir ten que foi aceptado sen nenguhna duda.Nesta mesma xornada demos conta dun cochinillo habilmente preparado por Joe no seu novo forno de xardín (deseñado e construído por el, que aínda esteticamente un pouco chafalleiro, na práctica demostrou grandes cualidades), e un viño traido por Montilla que cumpriu con creces.
Como nota para os malpensados, o que esta cociñando Javier non é o animaliño da foto anterior.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario