O experimento non foi outro que un cochinillo (5 quilos e medio) encargado no matadoiro de Agruchave, e preparado no forno da Panadería “Manolo da Morena”. A preparación foi moi sinxela: sal, allo, tomillo, auga, un chorriño de xerez, uns pementos roxos deitados polo medio e tres horas e media de forno.. Recollemos neste documento gráfico a pinta que tiña o animaliño as 2.30 horas de forno (cando se lle deu a volta) e ó remate…

Tamén esta decidido o viño para acompañalo: Viña Herminia Excelsior. O postre, seguramente será un tiramisú (especialidade de Bea)
Se alguén ten algo que obxectar, que o diga….

2 comentarios:
Mira quen van ser os cuchipandeiros estes. Gracias polo enlace pero so che pido unha cousa:
por Nico Aller todo o mundo pensaría no meu pai o no meu parente xornalista Nico Navaza Aller.
Ponme Nico González ou Casares, ou Nico sen mais,dende logo que non renego pero que non haxa confusións.
Rinme un bo rato coa vosa sociedade e como para pensar en candidatura para incorporarse pero faiseme un pouco caro, se rebaixarades un 10% ben...
Reunidos o consello de emergencia de Xantares do Deza, decidimos aceptar unha baixada do 10% na cota de inscripción para Nico Aller. Amigo Nico, podes facer o ingreso falando con Montilla na Cantina "O Galopín" cando gustes. Concedemosche pago aplazado en 10 cómodas letras. Benvido a Xantares do Deza!!
Publicar un comentario en la entrada